Esta semana tivemos uns talleres impartidos por membros das familias dos nosos alumnos.
En 1º, a nai de Iria ensinounos a elaborar sales de baño, e co seu pai, aprendemos moitas cousas sobre flores e polinización.
En sexto, tivemos unha charla e unha práctica sobre iluminación e técnicas de retrato, que impartiu Alba, a irmá de María Guo, e da que veredas resultados na orla desde curso.
Estes últimos días desenvolveuse unha grande actividade no colexio:
Os alumnos de 3º e 4º de primaria, realizaron unha caída cultural á Coruña, donde visitaron o Aquarium Finisterrae e o MUNCYT.
Pola súa banda, os nenos de 1º e 2º de primaria viaxaron a "O enredo do abelleiro", un museo do mel onde coñeceron de primeira man a importancia para os humanos das bellas.
Tamén saíron todos os pequenos de infantil, que gozaron dunha xornada en Marcelle Natureza.
A semana pasada, 1º, 2º e 3º aprendieron os beneficios dunha boa alimentación participando nos "Almorzos Saudables", actividades patrocinada polo Concello de Lugo.
E os constructores de 1º de primaria, da man da arquitecta Isabel, fixeron entrega aos compañeiros de infantil dunha casiña realizada por eles dentro do proxecto de biblioteca "Tintileo_reciclArte"
Recordamos que a partir de hoxe, venres 1 de xuño, NON HABERÁ ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, e a saída do alumnado do comedor escolar serás ás 15:15 horas.
O alumnado de 6º curso, realizou onte unha saída cultural na que visitaron a Domus do Mitreo, un xacemento que conserva os restos dunha domus datada nos séculos I e II e que albergada un templo de culto ao deus Mitra.
Despois, visitamos a exposición Traxandaina, na capela de Santa María, que amosa unha colección de 25 traxes tradicionais galegos dos séculos XIX e principios do XX. Grazas a Francisco, o pai de Paula e Alicia, que nos explicou cada traxe.
O venres 25 de maio, Paula e María recolleron os seus premios como finalistas do concurso de debuxo dos premios Muralla, organizado polo diario "El Progreso".
As dúas foron finalistas entre máis de 3000 debuxos que se presentaron a esta edición.
Publicada no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar: Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 22 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos), poidendo facelo na secretaria do centro ou por vía electrónica: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS: 2 XULLO 2018
RECLAMACIÓNS: 3 e 4 DE XULLO 2018
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS: 9 XULLO 2018
Celebramos o Día das Letras Galegas con un acto na biblioteca, no que o alumnado de 5º e 6º de EP repasaron a vida e obra de Mª Victoria Moreno.
Tamén se deu lectura a varios poemas da autora homenaxeada por parte dos nenos e nenas de EI e 1º a 4º de EP.
Unhas regueifas escritas por 5º e 6º finalizaron o acto na biblioteca, tras o cal, colocáronse nun taboleiro as caricaturas da autora elaboradas con materiais de refugallo.
Finalmente, as "Old Stars Galia" enfontáronse aos campións da liga colexial de balonmán, 6º de EP.
Se queres ver máis imaxes desta celebración, clica aquí.
Hai aproximadamente un par de meses que iniciamos unha campaña de recollida de material escolar e artístico, para enviar a Sanghé, Thiès, Senegal.
Realizamos un caderno para os nenos desa poboación, onde nos presentamos e contamos como é a vida aqui.
Onte visitounos Encarna Álvarez Gallego, a psicóloga que entregou o noso material e que estivo 15 días convivindo cos nenos senegaleses, Contounos moitas cousas: como viven, como é un día na escola, a súa alimentación, o idioma, os xogos e bailes...
Trouxonos varios debuxos dos nenos de aló, unha tea típica, o seu diario de viaxe e un vídeo no que resume o seu paso polo país africano e onde se pode ver aos nenos traballando co material enviado dende o CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela.
Nos vindeiros días, poderedes visitar na biblioteca do cole a exposición "PUNTADAS ANÓNIMAS", con obras de Encarna Álvarez Gallego.
Recén chegados de participar no Correlingua 2018, actividade encamiñada a sensibilizar á sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua, a asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares,e contribuír a manter vivo o maior patrimonio implicando ás xeracións máis novas, comunicámosvos que obtivemos o segundo premio no concurso de pancartas.
Comezamos un mes de maio que vén cheo de actividades, da que xa vos iremos dando noticias.
Tintileo apareceu hoxe para traernos un novo lote de pulseiras a beneficio da Asociación Síndrome de Microdeleción 5q14.2-MEF2C. Este síndrome baséase na falta un xen ou parte aun xen do cromosoma 5, afectando a enfermedade ao desarrollo psicomotor e causando un retraso importante con rasgos do espectro autista e crises epilépticas. Tan só hai 60 persoas diagnóticadas no mundo con esta enfermidade, 4 delas en España.
E desde o CEIP Manuel Mallo Mallo queremos colaborar na recadación de fondos para a investigación e tratamiento desta estraña patoloxía sumándonos ao reto do capitán do CB Breogán, SALVA ARCO: #100x100retoMEF2C.
Se ti queres colaborar, podes mercar a túa pulseira solidaria nas oficinas do cole.
#loimposiblesolocuestamás. #juntosmiramosalfuturo
Ao longo deste mes de maio, celebraremos un concurso de FOTOGRAFÍA ECOLÓXICA. Nos vindeiros días, anunciaremos as bases. Participa!!