jueves, 7 de mayo de 2020

ADMISIÓN ALUMNADO






En virtude do disposto na RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020,
Informamos:

ADMISIÓN DE ALUMNADO
  • Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado, dende o 11 ata o 18 de maio
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitvas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020

EXCLUSIVAMENTE PARA A REALIZACIÓN DESTE TRÁMITE, o centro permanecerá aberto de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 h, DEBENDO SOLICITAR CITA PREVIA NO TELÉFONO:
982 870 456

Prégase a toda persoa que se achegue ao Centro para a entrega de documentación cumpra coas medidas de seguridade e protección contra o Covid-19 establecidas pola Consellería de Sanidade.
Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’:

que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.
Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.


Podes descargar aquí o formulario de admisión: ANEXO II ADMISIÓN


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...