viernes, 16 de enero de 2026

 

Reserva de praza para Educación Secundaria 

Curso 2026/2027


Estimadas familias de 6º de Educación Primaria:


Informámosvos de que comeza o proceso de reserva de praza para o alumnado que remata a súa etapa no noso colexio e desexa continuar os seus estudos no centro de secundaria ao que estamos adscritos: o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

O alumnado que desexe escolarizarse noutro centro educativo, debe esperar á apertura do plazo ordinario de admisión de alumnado (1 ao 20 de marzo).

O período para solicitar a reserva abrangue dende o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos..

Documentación necesaria

Para formalizar o trámite, deberedes achegar:

  • Anexo I-bis (Modelo ED550Abis): para a comprobación de datos e o consentimento de ambos proxenitores, titores ou acolledores.
  • Libro de familia: copia do documento ou equivalente onde figure o/a alumno/a. En caso de acollemento, a resolución administrativa ou xudicial correspondente.
  • DNI/NIE: Se vos opoñedes á consulta automática de datos por parte da administración, debedes achegar unha copia dos documentos de identidade dos solicitantes.

Como presentar a solicitude?

Tedes dúas opcións para realizar este trámite:

Normativa de referencia

Este procedemento desenvólvese segundo o establecido no Decreto 13/2022 e a Orde do 21 de outubro de 2022, que regulan a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

Un saúdo,

O Equipo Directivo do CEIP Plurilingüe de Nadela

No hay comentarios:

Publicar un comentario

  Reserva de praza para Educación Secundaria  Curso 2026/2027 Estimadas familias de 6º de Educación Primaria: Informámosvos de que comez...