lunes, 11 de febrero de 2019
jueves, 20 de diciembre de 2018
Día Internacional da Solidariedade Humana
Hoxe celebramos o Día Internacional da Solidariedade Humana, cunha xornada de xogos cooperativos e solidarios.
Recibimos durante o acto unha visita moi especial. Queres saber quen?
Recibimos durante o acto unha visita moi especial. Queres saber quen?
Máis fotos do acto nesta galería.
FINALISTAS CONCURSO POSTAIS DE NADAL
martes, 27 de noviembre de 2018
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA A MULLERES E NENAS
O luns 26 de novembro celebramos no coleio o Día Internacional contra a Violencia a Mulleres e Nenas sumándonos un ano máis á proposta da ONU "Pinta o mundo de laranxa", esta edición co lema "Escóitame Tamén".
Nos días previos a esta xornada, traballouse nas aulas co obxectivo de xerar conciencia e previr a violencia contra mulleres e nenas. Tamén cada neno/a escribiu os cancelos desta jornada, así como mensaxes de apoio nun lápis de cor laranxa, que intercambiaron con outro compañeiro/a nun acto no que o alumnado de sexto curso deu lectura a un manifesto.
lunes, 26 de noviembre de 2018
viernes, 23 de noviembre de 2018
AVENTURAS CO BREO
Hoxe Tintileo, fiel ás súas cores, trouxo á biblio un ano más a dous grandes xogadores do CB Breogán. Esta tempada nos visitaron Christian Díaz e Emir Sulejmanovic, aos que acompañaron o Coordinador de pista, Pepe Baamonde e o Director deportivo, Quique Fraga.
Alí charlaron con nós e respostaron a todas as preguntas que lles fixemos. Tamén lles recitamos un poema que escribimos entre todos para eles e fixemos moitas fotos.
martes, 20 de noviembre de 2018
viernes, 2 de noviembre de 2018
SAMAÍN
Hoxe celebramos no cole a festa do Samaín, cunha contacontos, a visita dunha meiga que elaborou unha pócima para espantar os medos, unha danza de bruxas e bruxos e unha sesión de photocall.
Tamén se realizou a votación popular para elixir a cabaza gañadora, e un xurado formado por mestras aínda está deliberando os ganadores do concurso de poemas de medo. Estes premios entregaranse na festa do Magosto o vindeiro 16 de novembro.
Grazas a todos pola vosa colaboración!
Grazas a todos pola vosa colaboración!
Podes ver todas as fotos da festa NESTE ENLACE. Tamén temos este vídeo:
viernes, 26 de octubre de 2018
miércoles, 24 de octubre de 2018
24 de outubro: DÍA DA BIBLIOTECA
Hoxe foi un día moi especial na escola: Con motivo da celebración do Día das bibliotecas (24 de octubro), no CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, realizamos a presentación do Proxecto Documental Integrado daBiblioteca Escolar para este curso 2018/2019, baixo o título "Tintileo Aventureiro".
Comezamos a xornada a primeira hora, coa aparición en cada aula dun cofre que contiña unha carta con instruccións, mapas, pistas e material para caracterizarnos, convertíndonos en exploradores da man de "Tintileo Jones" e buscar cada curso cadanseu tesouro agochado por todo o colexio.
Despois de atopar o tesouro, dirixímonos á entrada da biblioteca onde nos agardaba unha sorpresa: apareceu Tintileo acompañado da arqueóloga e xornalista Mary!
E, ao igual que en cursos anteriores, non veu coas mans baleiras: entregounos a cada curso un clásico de aventuras. Estes libros serán o fío condutor para traballar durante todo o curso, e de xeito globalizado este proxecto integrado no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares).
Tivemos tamén a visita de Jesús Trashorras, antigo mestre do colexio, que recitou un poema da súa autoría dedicado a todos nós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VALES FONDOLIBROS
📚 RECOLLIDA DE VALES DO FONDO LIBROS 📅 Do mércores 9 ao venres 11 de xullo 🕙 De 10:00 a 13:00 horas Informamos a todas as familias que ...