ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DAS NAIS E PAIS AO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA
Segundo a RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación
Educativa , pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondo público (DOG 04-09-2026),a Xunta Electoral deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ó Consello Escolar, SECTOR DAS NAIS E PAIS DO ALUMNADO, segundo as normas seguintes:
1.- Conforme ao establecido no artigo 37, 39 e 41 (redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro) do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG 21/10/1996), CORRESPONDE ELIXIR NO PRESENTE PROCESO ELECTORAL A 1 NAI/PAI dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar (Un representante no Consello Escolar o elixe a ANPA do colexio e as/os outras/os representantes das nais/pais continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2024).
2.- Son electores todas as nais e pais ou, se é o caso, o titores legais do alumnado matriculados no centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado á Xunta Electoral, ata as 14:00 h. do día 3 de novembro.
3.- Son elixibles as nais e pais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 h. do día 3 de novembro
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidato, o día 5 de novembro, ás 09:00 h. Dita mesa electoral estará composta polo director do centro, que actuará como presidente, e dous nais/pais ou titores legais, actuando como secretario/a o/a de menor idade.
5.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais do alumnado matriculado no centro, propostos pola ANPA ou avalados para tal fin pola firma de 10 electores.
6.- As votacións poderán realizarse a traves da aplicación Abalar dende o día 11 ata o 17 de novembro. Asemade poderase votar presencialmente no centro o día o día 24 de novembro.
7.- Na papeleta de votación cada elector fará consta un máximo de 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
8.- Teñen dereito ó voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal do alumnado.
9.- Finalizada a votación procederase ó escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envía á Xunta Electoral do centro.
10.- A Xunta Electoral do centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Lugo, 21 de outubro de 2026
A directora e presidenta da Xunta Electoral
Mª Teresa de Juan Lerma
No hay comentarios:
Publicar un comentario