jueves, 18 de noviembre de 2021

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

COBERTURA DAS NECESIDADES SANITARIAS DERIVADAS DA COVID-19

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021

INSTRUCIÓNS ALUMNADO IMPLICADO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

·         Non ten que presentar solicitude:

a.    O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

·         Ten que presentar solicitude:

a.    O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021- 2022 que cumpraalgunha das seguintes condicións:

b.    Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

c.    Alumnado matriculado en educación especial.

d.    Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

e.    Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

•      Forma de presentación da solicitude: unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a utilizando o formulario normalizado (anexo I).

•     A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

•      Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

•      Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

-      Certificado ou volante de convivencia.

-      Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

•      Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica. d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, encalquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

•      Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

•      Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

•      Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais oudo órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22.

•      A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a.

 

 PRAZO: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

No hay comentarios:

Publicar un comentario