Toño Núñez

A biblioteca do cole encheuse hoxe de música e poesía, de historias de maxia, monstros, piratas e soños...





Gozamos moitísimo coa visita de Toño Núñez, que nos contou e nos cantou, fíxonos rir e bailar, engaiolounos cos seus poemas e historias e escarvou ata dar co poeta que levamos dentro.



Toño, non tardes en volver!

Máis fotografías da actividade neste álbum

Comentarios

  1. Pola vosa implicación, traballo e compromiso, profesoras. Polos vosos sorrisos, nenos e nenas! Polo voso cariño. Grazas! Impagable! Feliz con vós! Sempre amigo, Toño Núñez.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario