Olladas da infancia: caballera aloumiñada



Mañá venres día 9 de xuño, os compañeiros de 5º de primaria inauguran a súa exposición de fotografía no Museo Provincial de Lugo. 

Esto supón un fermoso colofón ao traballo realizado por eles ao longo de todo o curso no proxecto de innovación educativa "Fotografía en curso", programa pedagóxico coordinado polo Centro Galego das Artes da imaxe, dentro do Plan Proxecta posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O noso centro resultou seleccionado xunto con outros seis en toda Galicia para participar nesta edición, que se desenvolve tanto a nivel nacional como internacional xunto con alumnado de Cataluña, Madrid, Argentina e Chile.

A mostra poderase visitar na sala multiusos do Museo Provincial de Lugo ata o día 16 de xuño de 2017.

Gustaríanos que os nosos compañeiros do colegio, acompañados das súas familias nos acompañárades nesta data tan especial.








Comentarios