miércoles, 5 de julio de 2017

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR



A partir de hoxe, podedes pasar a recoller os vales de material e de axudas para libros, en horario de 10 a 13.


A entrega dos libros de préstamo terá lugar os días 7 e 8 de setembro tamén en horario de 10 a 13.

jueves, 22 de junio de 2017

TINTILEO A TRAVÉS DAS DÉCADAS

Estes días andamos a tope coas visitas ás aulas de todos os cursos do colexio para visitar os museos de cada década.

Os compañeiros de terceiro de primaria, agasalláronnos cun divertido rap que nos fala dos fitos máis salientables da súa década: os anos 90.

E para que non o perdades, aí vos vai un vídeo:


lunes, 12 de junio de 2017

Inauguración Exposición



O pasado venres, inauguramos no Museo Provincial de Lugo a nosa exposición de fotografía.  Podedes ver neste enlace as fotografías que temos expostas, imaxes da inauguración, vídeos...

jueves, 8 de junio de 2017

Olladas da infancia: caballera aloumiñada



Mañá venres día 9 de xuño, os compañeiros de 5º de primaria inauguran a súa exposición de fotografía no Museo Provincial de Lugo. 

Esto supón un fermoso colofón ao traballo realizado por eles ao longo de todo o curso no proxecto de innovación educativa "Fotografía en curso", programa pedagóxico coordinado polo Centro Galego das Artes da imaxe, dentro do Plan Proxecta posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O noso centro resultou seleccionado xunto con outros seis en toda Galicia para participar nesta edición, que se desenvolve tanto a nivel nacional como internacional xunto con alumnado de Cataluña, Madrid, Argentina e Chile.

A mostra poderase visitar na sala multiusos do Museo Provincial de Lugo ata o día 16 de xuño de 2017.

Gustaríanos que os nosos compañeiros do colegio, acompañados das súas familias nos acompañárades nesta data tan especial.








miércoles, 31 de mayo de 2017

Horario de xuño


Recordamos que a partir de mañana, mércores 1 de xuño, NON HABERÁ ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, e a saída do alumnado do comedor escolar serás ás 15:15 horas.

martes, 30 de mayo de 2017

Visitas a Puleva

Hai uns días, o alumnado de 5 anos, 1º e 2º de educación primaria, realizamos unhas visitas á fábrica de Puleva, onde, da man de Max, percorremos as instalacións e coñecemos o proceso de envasado. Despois de cubrir un caderniño, Max e a súa axudante agasalláronnos cunha mochila e un diploma.
Tamén probamos os batidos. Que bos estaban!










jueves, 25 de mayo de 2017


CONVOCATORIA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
(Orde do 16 de maio de 2017 (DOG 22 de maio)
  • -  Fondo solidario de libros de texto para os alumnos de 3º,4º,5º e 6º de Primaria. (Renda per cápita inferior a 5400: 6 libros/Renda per cápita entre 5400 e 9000 : 4 libros)
  • -  Axudas para aquirir libros para alumnos de 1º e 2º de Primaria
  • (Renda per cápita inferior a 5400 : 170 euros/Renda per cápita entre 5400 e 9000 : 90 euros)
  • -  Axudas para adquirir material escolar para alumnos de Primaria (Renda per cápita inferior a 5400 : 50 euros)


  • OBRIGAS: os alumnos que participan no fondo solidario ou reciben axudas deben devolver os libros que se lles adxudiquen e conservalos en bo estado.
  • Os que xa participaron no fondo solidario durante este curso deben devolver os libros antes do 23 de xuño.
    Para o cálculo : situación familiar e renda 2015 (Didivir renda: recadro 380 + recadro 395 ) entre o número de membros da unidade familiar computables.
    Cando non se presentase a renda teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.


    PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 23 de maio ao 23 de xuño de 2017

    Impresos: Anexo I
    (Na secretaría do centro ou no enderezo www.edu.xunta.es )


XADREZ

De novo, o noso equipo de xadrez, ven de conseguir un novo éxito!
O pasado día 20 de maio, , proclamáronse subcampións no Campeonato Provincial de xadrez, na categoría "alevín mixto", celebrado en Foz.

Parabéns!





jueves, 18 de mayo de 2017

Correlingua 2017

Hai uns días, os nenos e as nenas do noso cole participamos no Correlingua 2017, xunto con uns 1200 estudantes de diversos puntos da provincia.




















Esta actividade, lúdica e reinvindicadora do uso da lingua galega, consistiu nunha carreira pola Muralla e o casco histórico de Lugo, que finalizou na praza de Santa María, onde houbo un concerto e a entrega dos premios deste certame, e nos que o noso colegio, acadou o primeiro premio provincial de pancartas.

 A pancarta do noso cole, que reflexa o lema deste ano : "En galego, sen cancelas", foi elaborada polos nosos compañeiros de 6º de EP. 


Parabéns para eles e en xeral para todo o centro!

















lunes, 8 de mayo de 2017

Charla Luis Pérez

O xornalista natural de Nadela, Luis Pérez, achegouse hoxe ata a aula de 5º de primaria, para agasallarnos cunha charla sobre a vida na carballeira.
Luis contounos moitas anécdotas da súa infancia, de como se desarrollaba a vida arredor do Campo da Feira e da importancia que tiña este espazo na vida social e económica do noso pobo.
Esta actividade enmarcase dentro do proxecto de innovación "Fotografía en curso", que ten como centro de interese a Carballeira, e do que, en breve, teredes importantes novas.





Moitas grazas, Luis!