lunes, 17 de octubre de 2022

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR


No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€, que as familias poden recoller nos centros docentes a partir de hoxe luns, 17 de outubro.

Non é necesario realizar ningún trámite adicional.




lunes, 5 de septiembre de 2022

COMEZAMOS!

Benvidos ao curso 2022/2023!

Como xa fomos adiantando a través de AbalarMobil, os días 6 e 7 de setembro o alumnado de 3º e 4º de primaria beneficiario do programa fondolibros, pode pasar a recoller os libros de texto, preferiblemente en horario de 10 a 12h. 


Iniciamos a actividade lectiva o xoves día 8 de setembro co seguinte horario, que se manterá ao longo de todo o curso:


Lembramos que nos meses de xuño e setembro a saída do comedor escolar será ás 15:15h.


martes, 5 de julio de 2022

FONDO LIBROS




No taboleiro situado no interior do centro, están  publicadas as listaxes provisonais de: admitidos e excluídos do fondo libros (3º e 4º EP) para o curso 2022/2023. 

As familias solicitantes do resto dos cursos (material e libros),  podedes informarvos do estado da solicitude chamando ao 982 870 457 (10 a 13 h)

Os vales de libros e material entregaranse ao longo da semana do 8 ao 11 de xullo (10 a 13h).



jueves, 16 de junio de 2022

MATRÍCULA 2022/2023

Prazo de formalización de matrícula para o alumnado admitido para o curso 2022/23:

 

  • DATAS: DO 20 AO 30 DE XUÑO AMBOS INCLUÍDOS.
  • LUGAR: NA SECRETARÍA DO CENTRO.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

(Pódese descargar aquí: DOCUMENTACIÓN FORMALIZACIÓN MATRÍCULA)

  • Anexo III formalización de matrícula.
  • Datos do alumnado.
  • Recollida de alumnado do centro.
  • Recollida de alumnado no transporte.
  • Autorización do uso da imaxe e voz.
  • Autorización saída contorna.
  • Solicitude comedor.
  • Solicitude colaboradores comedor.
  • Fotocopia libro de familia.
  • Certificado de empadronamento expedida polo Concello.
  • Fotocopia  da tarxeta de prestación sanitaria.
  • Fotocopias dos dni da nai, pai ou titores legais do alumno/a en caso de telos
  • No caso de separación ou divorcio, copia compulsada da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumnado.
  • Fotocopia de cartilla de vacinacións.
  • Certificado médico en casos relevantes.
  • Cuestionario sobre a lingua materna (só alumnado de 4º de ed. Infantil).
  • Fotografías do alumnado tamaño carnet  (4 ed. Infantil e 2º ed.primaría).

viernes, 20 de mayo de 2022

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/2023




Aberto o prazo para solicitar a axuda para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/2023, desde o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022, ámbolos incluídos. Pódese presentar a solicitude de xeito telemático ou na secretaría do centro.


Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).


Beneficiarias

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  • a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3o, 4o, 5o e 6o de educación primaria (EP), e en 1o, 2o, 3o e 4o de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
  • b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1o e 2o de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
  • c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.


Prazo de presentación de solicitudes

Iniciarase o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (19 de maio) e rematará o día 22 de xuño de 2022. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023.

Só se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2022/2023. As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

  • Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude e presentándoas no propio centro.
  • De xeito telemático: na aplicación fondolibros.