lunes, 25 de noviembre de 2019





Hoxe, 25 de novembro de 2019, a comunidade educativa do CEIP Manuel Mallo Mallo nun acto celebrado  coa presenza de todo o profesorado e alumnado manifestou o seu compromiso para:
  • Traballar para previr a violencia contra mulleres e nenas en todas as súas manifestacións e combater caquera outro tipo de violencia.
  • Reclamar a atención da sociedade e dos gobiernos sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e as nenas en todas as súas manifestacións e combater caquera outro tipo de violencia.
  • Facer respetar os dereitos das mulleres e das nenas.
  • Opoñerse a todo tipo de violencia contra as mulleres tanto física como verbal.
  • Utilizar modelos e mensaxes cooperativos e dialogantes.
  • Aprender a relacionarnos respectuosa e solidariamente.





Somos a XERACIÓN IGUALDADEesiximos un futuro igualitario para homes e mulleres, para nenos e nenas.


Sumámonos un anos máis á campaña da ONU: #ORANGETHEWORLD




En 2019 e 2020, a campaña "ÚNETE" incluirá as súas actividades de promoción na campaña global de ONU Mujeres Xeración Igualdade, que celebra o 25º aniversario da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing. Como referencia mundial dos dereitos das mulleres e as nenas aprobada unanimemente por 189 Estados Membros en 1995, a Plataforma de Acción de Beijing establece medidas e obxectivos estratéxicos en 12 esferas de especial preocupación, incluído o fin da violencia contra as mulleres e as nenas.




#orangeworld
#pintaomundodelaranxa


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DECORACIÓN DE NADAL