Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 23/24, ábrese dende hoxe mércores, 1 de marzo ata  o  luns 20 de marzo (ambos incluídos).

Os pais, nais e/ou titores legais que desexen presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:


  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    A través da aplicación admisión alumnado

    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

     
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.


    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.


PRAZOS:

  • Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 11 de abril, ambos os dous incluídos.
  • Publicación  no centro das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
  • Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa
  • publicación.
  • Publicación no centro das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
  • Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido.
  • Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.

MATRÍCULA

  • Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado os interesados.


POSTOS ESCOLARES OFERTADOS:


  • 4º EDUCACIÓN INFANTIL: 25
  • 5º EDUCACIÓN INFANTIL: 14
  • 6º EDUCACIÓN INFANTIL: 8
  • 1º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7
  • 2º EDUCACIÓN PRIMARIA: 15
  • 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: 3
  • 4º EDUCACIÓN PRIMARIA:  15
  • 5º EDUCACIÓN PRIMARIA: 8
  • 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7

Comentarios