PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023


DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 21 de marzo de 2021, ambos incluídos. 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:


  • ANEXO II (instrucións)
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do dni do alumno/a ou fotocopia do libro de familia).
  • Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN:


A solicitude pode presentarse:


a) Cubrindo o modelo Anexo II - ED550B, que podes descargar aquí e presentar na secretaría do centro escollido en primeira opción. 

b) Entrando na aplicación, https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado e acceder con Certificado Dixital, Chave365 ou calquera outro medio de acreditación.  (instruccións)




A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. 


Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.



 DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN:


  • Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL
  • Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día   seguinte ao da publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO
  • Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO
  • IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado os interesados.
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS:

  • 4º EDUCACIÓN INFANTIL: 25
  • 5º EDUCACIÓN INFANTIL: 8
  • 6º EDUCACIÓN INFANTIL: 5
  • 1º EDUCACIÓN PRIMARIA: 15
  • 2º EDUCACIÓN PRIMARIA: 5
  • 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: 15
  • 4º EDUCACIÓN PRIMARIA: 8
  • 5º EDUCACIÓN PRIMARIA: 8
  • 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7






Comentarios