Reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

 Solicitude de Reserva

IES N.S. Ollos Grandes

(alumnado 6º EP)

Prazo aberto: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro, acceder á aplicación. admisiónalumnado, nela deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede ElectrónicaPara presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
 
    3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

    Comentarios

    Entradas populares