DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
ALUMNADO DESTINATARIO
- O alumnado matriculado en Educación Primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 non ten que presentar solicitude.
- O alumnado matriculado en Educación Primaria que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:
- pertenza a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Renda 2018).
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
TRAMITACIÓN E
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
- Presencialmente no centro en horario de secretaría previa petición de hora.
- Prazo presentación: desde o 16 ata o 27 de novembro 2020
- Documentación: ANEXOI E ANEXO II. A solicitude terá que vir debidamente cuberta e asinada, xunto coa copia e orixinal de toda a documentación aportada.
ENTREGA DE MÁSCARAS: durante o mes de decembro o alumnado beneficiario da axuda recibirá 4 máscaras hixiénicas reutilizables segundo a especificación UNE.
Comentarios
Publicar un comentario