Correlingua 2017
Hai uns días, os nenos e as nenas do noso cole participamos no Correlingua 2017, xunto con uns 1200 estudantes de diversos puntos da provincia.
Esta actividade, lúdica e reinvindicadora do uso da lingua galega, consistiu nunha carreira pola Muralla e o casco histórico de Lugo, que finalizou na praza de Santa María, onde houbo un concerto e a entrega dos premios deste certame, e nos que o noso colegio, acadou o primeiro premio provincial de pancartas.
A pancarta do noso cole, que reflexa o lema deste ano : "En galego, sen cancelas", foi elaborada polos nosos compañeiros de 6º de EP.
Parabéns para eles e en xeral para todo o centro!
Comentarios
Publicar un comentario