Saída cultural: San Paio de Narla

Ao longo desta semana, todo o alumnado de educación primaria, visitará o Museo-Fortaleza de San paio de Narla, pertencente á Rede Museística Provincial de Lugo. Trátase dun dos castelos mellor conservados e máis antigos da provincia lucense. 

A súa existencia remóntase ao século XIII, cometendo este dato pola existencia dun sillar cunha inscripción onde se informa do século probable da sua construción. Ademais, pódese comprobar que as marcas dos canteiros coinciden con outras da comarca situadas sobre igrexas de orixe románico.

Promoveron esta fortaleza os membros da familia Prado, emparentados coa realeza do Reino de León.

O Museo está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior.

A planta baixa acolle diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais (cesteiros, zoqueiros...) Nas cortes dos cabalos instaláronse cadeiras de man e de montar a cabalo e na adega móstranse os elementos propios desta dependencia (pelellos, prensadores de uvas, medidas de viño...

A primeira planta componse dunha cociña na que se encontran tres elementos da construcción primitiva : a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais de mobiliario típico da cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc. ; un salón cunha gran ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista ; a sala do tear; un escritorio e un dormitorio.

O primeiro e segundo piso da Torre da Homenaxe albergan as coleccións de armas brancas e de fogo, destacando unha armadura de placas de hasta, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas, revólveres de percusión, de tambor ou de chispa, fusís, canóns, etc.

No terceiro piso sobresae a cheminea renacentista que Vasco das Seixas mandou construír no século XVI.

A capela, de planta cuadrangular, foi construída no século XVIII e ten un retablo do XIX con diversas imaxes populares.






Podes ver aquí as fotografías de 3º e 4º de primaria

Comentarios