martes, 27 de febrero de 2018

I TALLER DE RECICLADO DE ENVASES PLÁSTICOS


Hoxe rematou o I Taller de reciclaxe de envases plásticos, que se desenvolveu nun par de sesións de formación entre iguais do alumnado de 6º EP e de 4º EI.

Este é o fantástico resultado desta experiencia (FOTOS).




Velázquez

Hoxe recibimos a visita de Diego Velázquez e da Infanta Margarita, que pasaron por todas as aulas representando unha pequena obra titulada "Velázquez e a súa menina", inicio da actividade "Pintura e Escultura" dentro do Proxecto Documental Integrado "Tintileo_ReciclArte".



viernes, 16 de febrero de 2018

Entroido 2018


Facendo clic na malvada raíña Grimhilde, podes acceder á galería de fotos do Entroido.

jueves, 15 de febrero de 2018

Parabéns Laura!!

Queremos felicitar á nosa compañeira Laura Martín Pascual, xogadora da Selección Galega de Baloncesto, e que representará a Galicia no vindeiro Campionato de España que terá lugar no mes de marzo en Cádiz.




PARABÉNS LAURA!


jueves, 1 de febrero de 2018

ADMISIÓN DE ALUMNADO E RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2018-2019

O vindeiro 1 de febreiro iniciarase o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/2019.
  • Reserva de Praza para o centro de adscrición (alumnado de 6º EP que reserva praza para o IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes) do 1 ao 15 de febreiro. Presentarase no centro de orixe o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación (Anexo I)  A reserva de praza poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  
  • Solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II). A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . 
  • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño. Cubrirase o formulario Anexo III que se pode descargar da páxina web da consellería de educación ou solicitar na secretaría do centro.

SOLIDARIEDADE

Unha xornada marcada pola solidariedade no noso centro Hoxe recibimos unha visita moi especial. O presidente da Asociación Contra o Cancro d...