viernes, 9 de marzo de 2018

#valemosomesmo

Baixo o lema #valemosomesmo, o alumnado do CEIP Manuel Mallo Mallo, quixo aportar o seu grao de area á defensa da igualdade , na data en que se celebra o Día Internacional da Muller. Ilustraron situacións de desigualdade para amosar que para nós, nenos e nenas “valemos o mesmo”.
Adicaron tamén fermosos debuxos ás “mulleres das misas vidas”. 
Estes traballos permañecerán expostos no porche do conedor. 









miércoles, 7 de marzo de 2018

DÍA MUNDIAL DA LECTURA


Hoxe, 7 de marzo, celebramos o DÍA MUNDIAL DA LECTURA, que ten como obxectivo crear conciencia do poder das letras e tendo en conta que ao redor do mundo hai polo menos 793 millóns de persoas analfabetas, esta celebración convoca a motivar a nenos, adolescentes e adultos a ler e crear comunidades que entendan e valoren o poder da lectura.

martes, 27 de febrero de 2018

I TALLER DE RECICLADO DE ENVASES PLÁSTICOS


Hoxe rematou o I Taller de reciclaxe de envases plásticos, que se desenvolveu nun par de sesións de formación entre iguais do alumnado de 6º EP e de 4º EI.

Este é o fantástico resultado desta experiencia (FOTOS).




Velázquez

Hoxe recibimos a visita de Diego Velázquez e da Infanta Margarita, que pasaron por todas as aulas representando unha pequena obra titulada "Velázquez e a súa menina", inicio da actividade "Pintura e Escultura" dentro do Proxecto Documental Integrado "Tintileo_ReciclArte".



viernes, 16 de febrero de 2018

Entroido 2018


Facendo clic na malvada raíña Grimhilde, podes acceder á galería de fotos do Entroido.

jueves, 15 de febrero de 2018

Parabéns Laura!!

Queremos felicitar á nosa compañeira Laura Martín Pascual, xogadora da Selección Galega de Baloncesto, e que representará a Galicia no vindeiro Campionato de España que terá lugar no mes de marzo en Cádiz.




PARABÉNS LAURA!


jueves, 1 de febrero de 2018

ADMISIÓN DE ALUMNADO E RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2018-2019

O vindeiro 1 de febreiro iniciarase o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/2019.
  • Reserva de Praza para o centro de adscrición (alumnado de 6º EP que reserva praza para o IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes) do 1 ao 15 de febreiro. Presentarase no centro de orixe o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación (Anexo I)  A reserva de praza poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  
  • Solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II). A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . 
  • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño. Cubrirase o formulario Anexo III que se pode descargar da páxina web da consellería de educación ou solicitar na secretaría do centro.

lunes, 29 de enero de 2018

Día Escolar da Non Violencia e a Paz





Puzzle realizado polo alumnado do CEIP Manuel Mallo Mallo






O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Este ano, o alumnado de sexto, realizou un videoclip coa participación de todo o alumnado do colexio.




Un grupo de alumnos do IES de As Pontes virá contarnos uns contos sobre a Paz, e para finalizar xuntarémonos na entrada de infantil para elaborar un mural e dar lectura a un manifesto.


Aquí podes ver as fotos da celebración.

jueves, 21 de diciembre de 2017

Nadal

Felices festas!
(...voltamos o día 8 de xaneiro)

Finalistas e gañadora do Concurso de Postais de Nadal

miércoles, 6 de diciembre de 2017

Papeleras

Acordádesvos que Tintileo nos deixou unhas papeleiras de cartón para decorar o Día das Bibliotecas?
Pois ben, aquí tedes os resultados!
Xa sabemos que non vai ser doado, xa que son todas moi bonitas!... pero podes votar polas túas favoritas na enquisa que tes na columna dereita do blog.










jueves, 23 de noviembre de 2017


Este curso, participamos de novo na campaña da ONU contra a violencia de xénero:

DI NON.ÚNETE. PARA POÑER FIN Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E NENAS.

O acto inicial destes 16 días de activismo, que nos achegan ao Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro), será o vindeiro luns 27 de novembro. Ese día acodiremos ao centro toda a comunidade educativa cunha prenda laranxa. 
Grazas pola vosa colaboración.