viernes, 27 de febrero de 2026

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2026-2027

 


INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS ADMISIÓN DE ALUMNADO

PARA O CURSO 2026-2027


NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

·         DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

·         ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

·         Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2026-2027.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Prazo de presentación: Do 1 ao 23 de marzo, ámbolos dous incluídos.

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexos I-bis, II-bis).


 MATRÍCULA

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente, nos seguintes prazos: 

·         Educación infantil e primaria ->do 20 ao 30 de xuño.Tamén podedes facer a reserva de praza a través da aplicación informática “admisión alumnado” co certificado dixital ou a Chave365. Toda a información aquí. www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

·         Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

·         Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

·         Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

·         ANEXOS I e II debidamente cubertos e asinados da solicitude ED550B

·         Certificado de padrón onde figuren todos os membros da unidade familiar cunha antigüidade mínima dun ano.

·         Orixinal e fotocopia do DNI do alumno/a ou do libro de familia.

·         Proximidade do lugar de traballo do pai/ nai, documento expedido polo empregador/a xunto cunha copia do contrato de traballo. O centro de traballo deberá estar determinado nunha localidade e enderezo concreto.

·         Calquera outra documentación acreditativa para a adxudicación de puntos por outros conceptos recollidos dentro da normativa vixente (certificación de familia numerosa, discapacidade, etc.,).

·         Acreditación de familia monoparental.

·         Para a valoración da renda per cápita da unidade familiar, deberá facerse constar a cantidade correspondente á base imposible no caso de declaración conxunta, ou a base impoñible de cada un dos declarantes no caso de declaración individual. A tal efecto constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro da declaración do ano 2024) 

·         Criterio complementario para a adxudicación dun punto polo Centro: Que todos os centros solicitados sexan centros públicos.


   Manual axuda para as familias.


 

viernes, 16 de enero de 2026

 

Reserva de praza para Educación Secundaria 

Curso 2026/2027


Estimadas familias de 6º de Educación Primaria:


Informámosvos de que comeza o proceso de reserva de praza para o alumnado que remata a súa etapa no noso colexio e desexa continuar os seus estudos no centro de secundaria ao que estamos adscritos: o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

O alumnado que desexe escolarizarse noutro centro educativo, debe esperar á apertura do plazo ordinario de admisión de alumnado (1 ao 20 de marzo).

O período para solicitar a reserva abrangue dende o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos..

Documentación necesaria

Para formalizar o trámite, deberedes achegar:

  • Anexo I-bis (Modelo ED550Abis): para a comprobación de datos e o consentimento de ambos proxenitores, titores ou acolledores.
  • Libro de familia: copia do documento ou equivalente onde figure o/a alumno/a. En caso de acollemento, a resolución administrativa ou xudicial correspondente.
  • DNI/NIE: Se vos opoñedes á consulta automática de datos por parte da administración, debedes achegar unha copia dos documentos de identidade dos solicitantes.

Como presentar a solicitude?

Tedes dúas opcións para realizar este trámite:

Normativa de referencia

Este procedemento desenvólvese segundo o establecido no Decreto 13/2022 e a Orde do 21 de outubro de 2022, que regulan a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

Un saúdo,

O Equipo Directivo do CEIP Plurilingüe de Nadela

jueves, 4 de diciembre de 2025

Chega o Nadal!





 

Estimadas familias:

Dende o noso colexio, e en colaboración coa Biblioteca Escolar e a nosa mascota, Tintileo, estamos a traballar nun fermoso proxecto de Nadal.

Imos realizar a decoración do centro creando os nosos propios adornos artesanais a partir de materiais reciclados, inspirados nos animais do bosque.

Para poder levar a cabo esta actividade, solicitamos a vosa colaboración na achega dun adorno, para o que necesita redes os seguintes materiais:

·         Cartón groso e resistente (de caixas de embalaxe).

·         Retallos de tea ou feltro de cores variadas (para bufandas, gorros).

·         Cordel, la ou fío groso para colgar os adornos.

·         Pequenas ramas de abeto ou piñeiro (se é posible).

Podedes entregar estes materiais ao titor/a do voso fillo/a antes do vindeiro 10 de decembro de 2025.

Agradecemos de antemán a vosa imprescindible colaboración neste proxecto que enche de creatividade e ilusión o noso colexio.

Un cordial saúdo,

 

1. Materiais Necesarios:

  • Base: Cartón reciclado (de caixas) ou táboas finas de madeira/MDF.
  • Pinturas: Pinturas acrílicas ou témperas.
  • Ferramentas e Complementos:
    • Marcadores permanentes de punta fina (negro).
    • Tesoiras e/ou cúter (para uso adulto ou con supervisión).
    • Pegamento forte (cola branca ou cola quente).
    • Cordel ou la para colgar os adornos.
    • Pequenos anacos de tea, feltro, la ou papel de xornal para detalles (bufandas, gorros).
    • Elementos decorativos: Ramas pequenas de abeto ou piñeiro, bagas artificiais ou naturais (non tóxicas), abalorios de madeira (opcional).

2. Elaboración da Base:

  1. Deseño: Debuxa as formas desexadas para os adornos: círculos, óvalos, cadrados, ou a silueta do animal (oso, cervo, raposo).
  2. Recorte: Recorta as formas na base de cartón ou madeira.
  3. Furado: Fai un pequeno furado na parte superior do adorno para poder pasar o cordel.
  4. Imprimación (Opcional): Pinta toda a superficie do adorno cunha capa de pintura branca ou beige para mellorar a adherencia e a viveza das cores finais. Deixa secar.

 

3. Decoración e Pintura:

  1. Fondo: Pinta o fondo da figura cunha cor vibrante (vermello, azul, verde).
  2. Animal: Pinta as cores base do animal escollido (por exemplo, branco para un oso polar ou marrón para un cervo). Deixa secar cada capa.
  3. Detalles do Rosto: Utiliza o marcador negro ou un pincel fino para debuxar os ollos, o fociño, e as orellas. Podes engadir pequenos toques de branco para dar luz e expresión.
  4. Complementos: Pinta ou recorta e pega elementos adicionais como:
    • Bufandas de feltro ou tea.
    • Gorros e libros de cartón ou papel.
    • Patróns de cadros ou raias nas roupas.


4. Montaxe Final:

  1. Texturas: Se queres un aspecto envellecido, aplica unha capa moi lixeira e case seca de pintura branca ou beige por riba da pintura base.
  2. Adornos Naturais: Pega as pequenas ramas de abeto e as bagas na parte superior ou lateral do adorno, prestando atención á composición.
  3. Colgante: Pasa o cordel ou a la polo burato superior e fai un nó para crear a argola. Podes engadir abalorios de madeira no cordel antes de anudar.



5.Remata o traballo!

1.       Escribe una mensaxe para toda a Comunidade Educativa polo reverso do adorno.

2.      Entrégao a túa titora ou titor o día 10 de decembro

 

 

Grazas pola vosa colaboración! Deixámosvos unhas imaxes da artista  Hyo J Him por se vos serve de inspiración. 

https://www.instagram.com/hyokim_crafts?igsh=ZnRtM3BodnVmYmo2








 

martes, 8 de julio de 2025

VALES FONDOLIBROS

 

📚 RECOLLIDA DE VALES DO FONDO LIBROS

📅 Do mércores 9 ao venres 11 de xullo

🕙 De 10:00 a 13:00 horas


Informamos a todas as familias que durante estas datas poderedes recoller no centro os vales de libros de texto e material escolar correspondentes ao programa FONDO LIBROS da Xunta de Galicia.



domingo, 22 de junio de 2025

FORMALIZACIÓN MATRíCULA

Para formalizar a matricula de xeito presencial:

Presentar no centro o ANEXO III de formalizacion de matricula, acompañado da documentacion recompilada neste cartafol.


Formalización de matricula en liña:

📌 

Que é a matrícula en liña?


É un sistema para que as familias poidan matricular ao seu fillo ou filla desde a casa, sen necesidade de ir ao centro educativo. Tamén se pode seguir facendo de forma presencial se se prefire.


🖥️ 

Onde se fai?


Na web da Xunta: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

CONSULTAR DOCUMENTO DE AXUDA

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR


É necesario identificarse con Chave365 ou certificado dixital.


🗓️ 

Cales son os prazos?

  • Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño

  • ESO e Bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo


👧👦 

Para quen é a matrícula en liña?

  • Alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo galego (4º Infantil, 1º Primaria).

  • Alumnado que cambia de centro.

  • Alumnado que inicia unha nova etapa nun centro adscrito.

  • Todo o alumnado de ESO e Bacharelato.

  • Se o neno/a segue no mesmo centro en Infantil ou Primaria, non hai que facer matrícula.


✅ 

Pasos para facer a matrícula:

  1. Entrar na web Admisión Alumnado.

  2. Identificarse (con Chave365 ou certificado dixital).

  3. Seleccionar a opción “Matricular” (segundo o caso).

  4. Cubrir os datos da familia, do alumno/a, escoller opcións (relixión ou proxecto competencial) e servizos (comedor, transporte…).

  5. Subir a documentación (consultar a web/blog do centro).

  6. Finalizar o proceso.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2026-2027

  INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2026-2027 NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ·          DECRET...