lunes, 1 de julio de 2019

lunes, 24 de junio de 2019

STOP MOTION LUCAS E OSO

Ao longo do curso 2018/2019, o alumnado de 1º e 2º de EP, realizaron unha curtametraxe coa técnica de Stop Motion baseada no conto de José Campanari "Lucas e oso". Nela colaboraron tamén alumnos de 5º de educación infantil e 5º de educación primaria. 
Aquí tedes os enlaces á curta e ao making of.








LIBROS DE TEXTO 2019/2020


lunes, 3 de junio de 2019

HORARIO XUÑO

A partir de hoxe, luns 3 de xuño, o horario de saída despois de xantar é ás 15:15h.
Lembramos que no mes de xuño non hai actividades extraescolares.

viernes, 31 de mayo de 2019

jueves, 23 de mayo de 2019

Fondo Solidario de Libros. Axudas Libros e Material Escolar 2019/20

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B)


Beneficiarias:


Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:


a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Prazo de presentación de solicitudes:

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2020.

Enlace á web para a solicitude electrónica: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Solicitude soporte papel: ANEXO I

jueves, 16 de mayo de 2019

AVISO

Recordámosvos que mañá venres 17 de maio, Día das Letras Galegas e o luns 20 de maio (día non lectivo aprobado polo Consello Escolar) NON HABERÁ CLASE.




miércoles, 20 de marzo de 2019

Actividades Extraescolares e Complementarias

Nas últimas semanas, realizáronse no colexio varias actividades:

O alumnado de 6º de Educación Primaria, realizou unha visita ao CIFP Politécnico de Lugo dentro do programa EMPRENDEDORES:

(Más fotografías neste álbum)

Ana Casanova, delegada do xornal El Pogreso, visitou a nosa bilioteca para impartir unha charla aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación Primaria co gallo da celebración da Semana da Prensa. O resto do alumnado participou en talleres coordinados desde a Biblioteca Escolar.



Pola súa banda, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, realizaron unha viaje cultural á Coruña, visitando o Aquarium Finisterrae e a Domus.




O Día da Muller, realizamos varias actividades e recibimos a visita das xogadoras do Clube de Baloncesto Ensino:





Por último, o 18 de marzo, todo o colegio acudimos ao Vello Cárcere para asistir a un concerto didáctico do grupo Odaiko.


(Neste álbum, fotos do concerto)